Notas da Versión de Debian 13 (trixie) ************************************** The Debian Documentation Project . Last updated on: 2025-04-04 Este programa é software libre: vostede pode redistribuílo e/ou modificalo baixo os termos da Licenza pública Xeral de GNU versión 2, publicada pola Free Software Foundation. Este programa é distribuído coa esperanza de que sexa útil, pero SEN NINGUNHA GARANTÍA; nin sequera a garantía implícita de COMERCIALIDADE ou ADECUACIÓN PARA ALGÚN PROPÓSITO PARTICULAR. Consulte a Licenza Pública Xeral GNU para máis información. Debería ter recibido unha copia da Licenza pública xeral GNU xunto con este programa; se non fora así, escríballe á Free Software Foundation Inc., 51 Franklin Street, Fifth Floor, Boston, MA 02110-1301, USA. A licenza tamén pode consultarse en https://www.gnu.org/licenses/gpl-2.0.html e "/usr/share/common- licenses/GPL-2" nos sistemas Debian. * 1. Introdución * 1.1. Avise de erros neste documentos * 1.2. Colaborando con informes de actualización * 1.3. Fontes deste documento * 2. Novidades en Debian 13 * 2.1. Arquitecturas compatibles * 2.2. Que novidades hai na distribución? * 2.2.1. Official support for riscv64 * 2.2.2. Ambientes de escritorios e paquetes famosos * 3. Instalación do Sistema * 3.1. Que novidades hai no sistema de instalación? * 3.2. Instalacións dende a nube * 3.3. Contedores e imaxes de Máquinas Virtuais * 4. Actualizar dende Debian 12 (bookworm) * 4.1. Prepararse para a actualización * 4.1.1. Faga copias de seguridade dos seus datos e configuracións * 4.1.2. Informe aos usuarios con tempo * 4.1.3. Prepárese para desconectar os servizos * 4.1.4. Preparase para a recuperación * 4.1.5. Preparar un ambiente seguro para a actualización * 4.2. Comezar a partir dun Debian "puro" * 4.2.1. Actualizar a 12 (bookworm) * 4.2.2. Actualizar á última versión punto * 4.2.3. Backports de Debian * 4.2.4. Preparar a base de datos de paquetes * 4.2.5. Eliminar paquetes obsoletos * 4.2.6. Eliminar os paquetes non provenientes de Debian * 4.2.7. Eliminar ficheiros de configuración sobrantes * 4.2.8. Os compoñentes non-free e non-free-firmware * 4.2.9. Sección de actualizacións propostas * 4.2.10. Fontes non oficiais * 4.2.11. Desactivar bloqueos no APT * 4.2.12. Asegúrese de que ten gpgv instalado * 4.2.13. Comprobar o estado do paquete * 4.3. Preparar os ficheiros de fontes de APT * 4.3.1. Engadir fontes de Internet a APT * 4.3.2. Engadir fontes APT dun servidor espello local * 4.3.3. Engadir fontes APT dun medio óptico * 4.4. Actualizar paquetes * 4.4.1. Gravar a sesión * 4.4.2. Actualizar a lista de paquetes * 4.4.3. Asegúrese de que ten espazo dabondo para actualizar * 4.4.4. Parar de supervisar sistemas * 4.4.5. Actualización mínima do sistema * 4.4.6. Actualizar o sistema * 4.5. Problemas que poden ocorrer durante a actualización * 4.5.1. Full-upgrade falla e salta con "Could not perform immediate configuration", ou con "Non foi posíbel facer a configuración inmediata" * 4.5.2. Eliminacións esperadas * 4.5.3. Conflitos ou bucles de dependencias * 4.5.4. Conflitos de ficheiros * 4.5.5. Cambios na configuración * 4.5.6. Cambiar a sesión á consola * 4.6. Actualizar o núcleo e paquetes relacionados * 4.6.1. Instalar un núcleo coma metapaquete * 4.7. Prepararse para a seguinte versión * 4.7.1. Purgar paquetes eliminados * 4.8. Paquetes obsoletos * 4.8.1. Paquetes temporais alfaremes * 5. Problemas a ter en conta con trixie * 5.1. Actualizar elementos específicos para trixie * 5.1.1. openssh-server no longer reads ~/.pam_environment * 5.1.2. OpenSSH no longer supports DSA keys * 5.2. Cousas que facer despois da actualización antes de reiniciar * 5.2.1. Cousas non exclusivas do proceso de actualización * 5.2.2. Limitacións na asistencia técnica sobre seguridade * 5.3. Obsolescencia e deprecación * 5.3.1. Paquetes obsoletos importantes * 5.3.2. Compoñentes deprecados para trixie * 5.4. Fallos graves coñecidos * 6. Máis información en Debian * 6.1. Lecturas recomendadas * 6.2. Obter axuda * 6.2.1. Listas de correo * 6.2.2. Internet Relay Chat (IRC) * 6.3. Informar de erros * 6.4. Colaborar con Debian * 7. Xestionar o seu sistema bookworm antes de actualizar * 7.1. Actualizando o seu sistema bookworm * 7.2. Comproba os seus ficheiros de fontes APT * 7.3. Performing the upgrade to latest bookworm release * 7.4. Eliminar ficheiros de configuración obsoletos * 8. Contribuíntes das Notas da Versión 1. Introdución ************** O obxectivo deste documento é informar aos usuarios da distribución Debian sobre os principais cambios na versión 13 (alcumada trixie). As notas da versión conteñen máis información sobre como se pode actualizar de forma segura dende a versión 12 (alcumada bookworm) á versión actual e informan aos usuarios dos posibles problemas que se sabe poden ocorrer. Podes obter a última versión deste documento en https://www.debian.org/releases/trixie/releasenotes. Caution: Teña en conta que é imposible amosar todos os problemas que se coñecen, polo que foi necesario facer unha selección baseándose na probabilidade de que ocorran e o seu impacto. Lembre que só lle damos asistencia técnica para actualizar dende a versión de Debian anterior (neste caso, actualizar dende bookworm). Se necesitas actualizar dende versións anteriores, suxerímoslle que lea as edicións anteriores das notas da versión e actualice antes a bookworm. 1.1. Avise de erros neste documentos ==================================== Probamos todos os diferentes pasos descritos neste documento para realizar a actualización e intentamos anticiparnos a todos os problemas que se poidan atopar os nosos usuarios. De todas formas se vostede cre que atopou un fallo (información errónea ou ausente) nesta documentación, por favor abra unha petición no sistema de seguimento de fallos sobre o paquete **release-notes**. Revise os informes de fallos anteriores en caso de que alguén xa informara sobre o problema que atopou. Engada sen medo nova información aos informes xa existentes se pode contribuír con contido para este documento. We appreciate, and encourage, reports providing patches to the document's sources. You will find more information describing how to obtain the sources of this document in Sources for this document. 1.2. Colaborando con informes de actualización ============================================== Toda colaboración por parte dos usuarios relacionada coas actualizacións dende bookworm a trixie é benvida. Se esta disposto a compartir información por favor abra unha petición no sistema de seguimento de fallos sobre o paquete **upgrade-reports** coas súas achegas. Pedímoslle que comprima todos os ficheiros que engada (usando "gzip"). Por favor inclúa a seguinte información cando envíe o seu informe de actualización: * O estado da súa base de datos de paquetes antes e despois da actualización: O estado da base de datos de **dpkg** pódese obter dende "/var/lib/dpkg/status"; tamén engada o estado dos paquetes de **apt**, indicado en "/var/lib/apt/extended_states". Debería ter feito unha copia de seguridade antes de actualizar, tal como se indica en Faga copias de seguridade dos seus datos e configuracións, pero tamén pode atopar copias de seguridade de "/var/lib/dpkg/status" en "/var/backups". * Os rexistros da sesión creados con "script", tal como se indica en Gravar a sesión. * Os seus rexistros de "apt", dispoñibles en "/var/log/apt/term.log"; ou os rexistros de "aptitude", dispoñibles en "/var/log/aptitude". Note: Debería revisar con calma e eliminar calquera información persoal e/ou confidencial dos rexistros antes de incluílos no seu informe de fallos, posto que a información publicarase nunha base de datos pública. 1.3. Fontes deste documento =========================== As fontes deste documento están en formato DocBook XMLDocBook XML. A versión HTML é xerada con docbook-xsl e xsltproc. A versión en PDF xérase usando dblatex ou xmlroff. As fontes das Notas de Versión atópanse no repositorio Git do *Proxecto de Documentación Debian*. Pode usar a interface na rede para acceder aos ficheiros individuais a través da rede e ver os seus cambios. Para máis información sobre como acceder a Git consulte as páxinas de información sobre SCV do Proxecto de Documentación Debian. 2. Novidades en Debian 13 ************************* The Wiki has more information about this topic. 2.1. Arquitecturas compatibles ============================== As seguintes arquitecturas teñen compatibilidade oficial para Debian 13: * 32-bit PC ("i386") and 64-bit PC ("amd64") * 64-bit ARM ("arm64") * ARM EABI ("armel") * ARMv7 (EABI hard-float ABI, "armhf") * 64-bit little-endian MIPS ("mips64el") * 64-bit little-endian PowerPC ("ppc64el") * 64-bit little-endian RISC-V ("riscv64") * IBM System z ("s390x") Pode obter máis información sobre o estado da adaptación e información específica a cada adaptación nas páxinas sobre as arquitecturas de Debian. 2.2. Que novidades hai na distribución? ======================================= Esta nova versión de Debian volve a ter moitos máis programas ca en bookworm; a distribución inclúe máis de 11294 paquetes novos, chegando a un total de 59551 paquetes. A maioría dos programas na distribución están actualizados: máis de 42821 paquetes, o 72% dos paquetes de bookworm. Ademais, un gran número de paquetes (máis de 9519 paquetes, 16% dos paquetes en bookworm) foron eliminados da distribución por cadansúa razón. Estes paquetes non terán máis actualizacións e serán marcados coma «obsoletos» nos clientes de xestión de paquetes. Véxase Paquetes obsoletos. 2.2.1. Official support for riscv64 ----------------------------------- This release for the first time officially supports the riscv64 architecture, allowing users to run Debian on 64-bit RISC-V hardware and benefit from all Debian 13 features. The Wiki provides more details about riscv64 support in Debian. 2.2.2. Ambientes de escritorios e paquetes famosos -------------------------------------------------- Debian volve a ofrecer varios ambientes e aplicacións de escritorio. Inclúense o ambiente de escritorio GNOME 43, KDE Plasma 5.27, LXDE 11, LXQt 1.2.0, MATE 1.26, and Xfce 4.18. As aplicacións de produtividade tamén foron actualizadas, xunto cos programas de ofimática: * LibreOffice foi actualizado á versión 7.4; * GNUcash foi actualizado á versión 4.13; Esta actualización inclúe as actualizacións dos seguintes programas, entre outros: +------------------------+------------------------+------------------------+ | Paquete | Versión en 12 | Versión en 13 (trixie) | | | (bookworm) | | |========================|========================|========================| | Apache | 2.4.62 | 2.4.63 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Bash | 5.2.15 | 5.2.37 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | BIND DNS Server | 9.18 | 9.20 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Cryptsetup | 2.6 | 2.7 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Emacs | 28.2 | 30.1 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Exim default e-mail | 4.96 | 4.98 | | server | | | +------------------------+------------------------+------------------------+ | GNU Compiler | 12.2 | 14.2 | | Collection as default | | | | compiler | | | +------------------------+------------------------+------------------------+ | GIMP | 2.10.34 | 3.0.0 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | GnuPG | 2.2.40 | 2.2.46 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Inkscape | 1.2.2 | 1.4 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | the GNU C library | 2.36 | 2.41 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Imaxe do núcleo Linux | series 6.1 | 6.12 series | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Conxunto de | 13.0.1 e 14.0 (por | 19 (default), 17 and | | ferramentas LLVM/Clang | omisión) e 15.0.6 | 18 available | +------------------------+------------------------+------------------------+ | MariaDB | 10.11 | 11.4 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Nginx | 1.22 | 1.26 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | OpenJDK | 17 | 21 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | OpenLDAP | 2.5.13 | 2.6.9 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | OpenSSH | 9.2p1 | 9.9p1 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | OpenSSL | 3.0 | 3.4 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Perl | 5.36 | 5.40 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | PHP | 8.2 | 8.4 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Postfix MTA | 3.7 | 3.10 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | PostgreSQL | 15 | 17 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Python 3 | 3.11 | 3.13 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Rustc | 1.63 | 1.85 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Samba | 4.17 | 4.22 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Systemd | 252 | 257 | +------------------------+------------------------+------------------------+ | Vim | 9.0 | 9.1 | +------------------------+------------------------+------------------------+ 3. Instalación do Sistema ************************* O Instalador de Debian é o instalador de sistemas oficial para Debian. Permite escoller entre unha variedade de métodos de instalación. Os métodos dispoñibles para a instalación no seu sistema dependen da súa arquitectura. Pódense atopar imaxes do instalador para trixie xunto coa Guía de Instalación na páxina de Debian (https://www.debian.org/releases/trixie/debian-installer/). A Guía de Instalación tamén se inclúe no primeiro disco do paquete oficial de discos DVD de Debian (CD/Blu-Ray) dispoñible en: /doc/install/manual/language/index.html You may also want to check the errata for debian-installer at https://www.debian.org/releases/trixie/debian-installer#errata for a list of known issues. 3.1. Que novidades hai no sistema de instalación? ================================================= Houbo moito desenvolvemento no Instalador de Debian dende a versión oficial anterior Debian 12, o que se traduce nunha mellor compatibilidade cos dispositivos e algunhas novas propiedades e melloras. Se esta interesado nun resumo detallado dos cambios feitos respecto a bookworm consulte o aviso da versión para as versións beta e RC de trixie dispoñibles no rexistro de novas do Instalador de Debian. 3.2. Instalacións dende a nube ============================== O equipo da nube publica Debian trixie para varios servizos coñecidos de computación na nube, incluíndo: * Amazon Web Services * Microsoft Azure * OpenStack * MV xenérica As imaxes da nube provén pancas automáticas mediante "cloud-init" e priorizan un arranque rápido usando paquetes do núcleo e configuracións do GRUB especificamente optimizados. As imaxes compatibles con diferentes arquitecturas están dispoñibles onde se necesitaren e o equipo da nube pensa en espremer ao límite todas as vantaxes que ofrece o servizo na nube. O equipo da nube actualizará as imaxes ate o fin do período de mantemento a longo prazo [LTS] de trixie. Normalmente sácanse novas imaxes tras cada nova versión maior e tras cada actualización de seguridade para os paquetes máis importantes. As políticas de mantemento do equipo da nube pódense atopar aquí. Máis información en https://cloud.debian.org/ e na wiki. 3.3. Contedores e imaxes de Máquinas Virtuais ============================================= Están dispoñibles imaxes de contedores de varias arquitecturas con Debian trixie en Docker Hub. Ademais das imaxes normalizadas tamén está dispoñible unha variante *estilizada* que reduce o uso do disco. As imaxes de máquinas virtuais para o xestor de MV de Hashicorp Vagrant publícanse en Vagrant Cloud. 4. Actualizar dende Debian 12 (bookworm) **************************************** 4.1. Prepararse para a actualización ==================================== Suxerímoslle que antes de actualizar tamén lea a información en Problemas a ter en conta con trixie. Ese capítulo trata os problemas que se poden atopar e que non están directamente relacionados co proceso de actualización, pero que de todas formas poden ser importante coñecelos antes de comezar. 4.1.1. Faga copias de seguridade dos seus datos e configuracións ---------------------------------------------------------------- Antes de actualizar o seu sistema recomendámoslle que faga unha copia de seguridade completa, ou polo menos faga copias de seguridade dos seus datos e configuracións que lle sexan imprescindibles. As ferramentas e procesos de actualización son bastante fiables, pero se lle ocorre algo ao ordenador no medio dunha instalación pode quedar cun sistema moi danado. Ao facer as copias de seguridade ocúpese primeiro dos contidos de "/etc", "/var/lib/dpkg", "/var/lib/apt/extended_states" e a saída de: $ dpkg --get-selections '*' # (the quotes are important) Se usa "aptitude``para xestionar os paquetes do sistema tamén terá que facer copias de ``/var/lib/aptitude/pkgstates". O proceso de actualización en si non modifica nada do cartafol "/home". Porén, algunhas aplicacións (p.e partes da suite de Mozilla e os ambientes de escritorio GNOME e KDE) poden sobrescribir as configuracións de usuario existentes con valores por omisión cando se inicia por primeira vez unha versión. Como precaución, debería facer unha copia de seguridade dos ficheiros e cartafoles ocultos ("ficheiros punto") no cartafol propio de cada usuario. Esta copia de seguridade pode axudar a restaurar ou recrear as configuracións previas. Tamén lles debería informar aos usuarios disto. Calquera operación de instalación de paquetes deberase executar con permisos de superusuario, polo que acceda coma "root", usando "su" ou "sudo" para ter os permisos necesarios. A actualización ten algunhas precondicións; deberíaas consultar antes sequera de comezar a actualización. 4.1.2. Informe aos usuarios con tempo ------------------------------------- É boa idea informar a todos os usuarios antes de tempo de calquera actualización que planee, inda que os usuarios accedendo a través de "ssh" non debería decatarse dos cambios, e deberían poder traballar sen problemas. Se quere ser máis cautelosos, faga copias de seguridade ou desmonte a partición "/home" antes de actualizar. O núcleo actualizarase cando se actualice a trixie, polo que terá que reiniciar. Normalmente isto faise despois de que remate a actualización. 4.1.3. Prepárese para desconectar os servizos --------------------------------------------- Poden haber servizos ofrecidos polo sistema que están asociados cos paquetes que están incluídos na actualización. Se isto é así os servizos se pararán durante a actualización mentres o paquete correspondente é substituído e configurado. Durante este tempo estes servizos non estarán dispoñibles. O tempo exacto que tarde o sistema en estar operativo dependerá do número de paquetes a actualizar, e tamén inclúe o tempo que o administrador tarde respondendo as preguntas de configuración durante a actualización dos paquetes. Teña en conta que se non esta atento durante o proceso de actualización e o sistema fai preguntas é probable que os servizos non estean dispoñibles [1] durante bastante tempo. If the system being upgraded provides critical services for your users or the network [2], you can reduce the downtime if you do a minimal system upgrade, as described in Minimal system upgrade, followed by a kernel upgrade and reboot, and then upgrade the packages associated with your critical services. Upgrade these packages prior to doing the full upgrade described in Upgrading the system. This way you can ensure that these critical services are running and available through the full upgrade process, and their downtime is reduced. 4.1.4. Preparase para a recuperación ------------------------------------ Inda que Debian intenta que o seu sistema arranque sempre, sempre pode ser que atope problemas ao reiniciar tras unha actualización. Algúns problemas coñecidos están documentados neste e no resto dos capítulos das Notas da Versión. Por esta razón asegúrese de que é capaz de recuperar o sistema se non o pode arrancar ou, nos sistemas de acceso remoto, non poda conectarte á rede. Se está actualizando de forma remota a través de "ssh" recomendámoslle de que tome as precaucións necesarias para poder acceder ao servidor a través dunha terminal remota. Existe a posibilidade de que, tras actualizar o núcleo e reiniciar, deberá arranxar a configuración do sistema dende unha consola local. E, se o sistema se reiniciara durante a instalación, pode ser que teña que arranxar o sistema dende unha consola local. For emergency recovery we generally recommend using the *rescue mode* of the trixie Debian Installer. The advantage of using the installer is that you can choose between its many methods to find one that best suits your situation. For more information, please consult the section "Recovering a Broken System" in chapter 8 of the Installation Guide (at https://www.debian.org/releases/trixie/installmanual) and the Debian Installer FAQ. Se iso falla necesitará outra forme de arrancar o sistema para podelo reparar. Unha forma é usando a imaxe especial de recuperación, ou unha imaxe dun sistema en memoria. Despois de arrancar con iso debería montar o seu sistema de ficheiros raíz e cambiar a el con "chroot" para investigar e arranxar o problema. 4.1.4.1. Consola de depuración durante o arranque usando initrd ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ O paquete **initramfs-tools** inclúe unha terminal de ordes para a depuración [3] nos initrd que xera. Se por exemplo o initrd non é capaz de montar o seu sistema de ficheiros raíz entre nesta consola de depuración, que inclúe comandos básicos, para axudar a discernir o problema e arranxalo. Cousas básicas a ter en conta: que estean os ficheiros correctos dos dispositivos en "/dev", que módulos se cargarán ("cat /proc/modules"), e a saída de "dmesg", para atopar erros ao cargar controladores. A saída de "dmesg" tamén amosará que ficheiros de dispositivo foron asignados a cada disco; debería contrastalo contra a saída de "echo $ROOT" para estar seguro de que o sistema de ficheiros raíz está no dispositivo axeitado. Se non consegue arranxar o problema, escribindo "exit" sacaralle da consola de depuración e continuará o proceso de arranque dende o punto onde fallou. Por suposto tamén terá que arranxar o problema subxacente e rexenerar o initrd para que non falle no seguinte arranque. 4.1.4.2. Consola de depuración durante o arranque usando systemd ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ Se o arranque falla con systemd é posíbel obter unha consola de depuración superusuario cambiando a liña de ordes do núcleo. Se se acada un arranque básico pero algúns servizos fallan pode ser útil engadirlle "systemd.unit=rescue.target" aos parámetros do núcleo. Se non, o parámetro do núcleo "systemd.unit=emergency.target" daralle unha consola de superusuario o antes que poida. Porén, isto faise antes de montar o sistema de ficheiros raíz con permisos lectura- escritura. Terá que facelo manualmente con: # mount -o remount,rw / Outra opción é activar a "consola de depuración temperá" de systemd, mediante "debug-shell.service". No seguinte arranque iniciarase unha consola como superusuario no tty9, moi cedo no proceso de arranque. Isto se pode activar mediante o parámetro de arranque do núcleo "systemd.debug-shell=1", ou de forma permanente executando a orde "systemctl enable debug-shell". Neste último caso a consola deberá desactivarse tras rematar a depuración. Pode atopar máis información sobre como depurar un arranque falido con systemd no artigo Freedesktop.org Diagnosticando Problemas de Arranque. 4.1.5. Preparar un ambiente seguro para a actualización ------------------------------------------------------- Important: If you are using some VPN services (such as **tinc**) consider that they might not be available throughout the upgrade process. Please see Prepare for downtime on services. Para ter un chisco máis de seguridade ao actualizar de forma remota suxerímoslle que execute a actualización nunha consola virtual creada polo programa "screen", que permite unha reconexión segura e asegurarse de que a actualización non é interrompida inda que a conexión remota falle temporalmente. Os usuarios do daemon watchdog, no paquete **micro-evtd**, deberían parar o daemon e desactivar o temporizador antes da actualización, para evitar un reinicio espurio no medio da actualización: # service micro-evtd stop # /usr/sbin/microapl -a system_set_watchdog off 4.2. Comezar a partir dun Debian "puro" ======================================= O proceso de actualización descrito neste capítulo foi deseñado para sistemas Debian "puros" e estables. APT controla o que se instala no seu sistema. Se a súa configuración de APT menciona outras fontes, sen contar bookworm, ou se instalou paquetes de outras versións ou de terceiros, deberías pensar en borrar estas posibles molestias para asegurarte de que a actualización non sufra contratempos. O ficheiro configuración principal que APT usa para decidir de onde debe descargar os paquetes é "/etc/apt/sources.list", pero tamén pode usar os ficheiros no cartafol "/etc/apt/sources.list.d/" - para máis detalles véxase sources.list(5). Se o seu sistema usa varios ficheiros con listas de fontes deberá asegurarse de que se manteñan consistentes. 4.2.1. Actualizar a 12 (bookworm) --------------------------------- Só se debe actualizar Debian dende 12 (bookworm). Pódese ver a versión de Debian con: $ cat /etc/debian_version Please follow the instructions in the Release Notes for Debian 12 at https://www.debian.org/releases/bookworm/releasenotes to upgrade to Debian 12 first if needed. 4.2.2. Actualizar á última versión punto ---------------------------------------- Este proceso asume que o seu sistema está actualizado á última versión punto algo de bookworm. Se non fixo iso ou non está seguro, siga as instrucións en Actualizando o seu sistema bookworm. 4.2.3. Backports de Debian -------------------------- Os Backports de Debian, tamén chamadas modernizacións, versións actualizadas retroactivamente ou parches de mantemento; permiten que os usuarios de Debian estable poidan usar versións actualizadas dos paquetes (cunha posíbel mingua na seguridade e comprobación de calidade). O Equipo dos Backports de Debian mantén unha porcentaxe de todos os paquetes da seguinte versión de Debian, axustándoos e recompilándoos para que se poidan usar na versión estable actual. Os paquetes de bookworm-backports teñen un número de versión menor ca en trixie, para que se actualicen sen problemas a trixie, do mesmo xeito ca os paquetes "puros" en bookworm, ao actualizar a distribución. Inda que non se introducen fallos coñecidos, a actualización dende versións «backports» está menos manido, e, polo tanto, supón un risco maior. Caution: While regular Debian Backports are supported, there is no clean upgrade path from sloppy backports (which use APT source-list entries referencing bookworm-backports-sloppy). As with Unofficial sources, users are advised to remove "bookworm- backports" entries from their APT source-list files before the upgrade. After it is completed, they may consider adding "trixie- backports" (see https://backports.debian.org/Instructions/). For more information, consult the Backports Wiki page. 4.2.4. Preparar a base de datos de paquetes ------------------------------------------- Debería asegurarse de que a base de datos de paquetes está lista antes de seguir coa actualización. Se es usuario de outro xestor de paquetes, como **aptitude** or **synaptic**, revise calquera acción pendente. Un paquete programado para instalarse ou eliminarse pode interferir coa actualización. Teña en conta que corrixir isto só é posible se o seu ficheiro de fontes APT inda fai referencia a "bookworm" e non a "stable" ou "trixie"; véxase Comproba os seus ficheiros de fontes APT. 4.2.5. Eliminar paquetes obsoletos ---------------------------------- É unha boa idea eliminar os paquetes obsoletos do sistema antes de actualizar. Poden crear complicacións durante o proceso de actualización, e poden converterse nun risco de seguridade ao non ter mantemento. 4.2.6. Eliminar os paquetes non provenientes de Debian ------------------------------------------------------ Embaixo hai dúas maneiras de atopar os paquetes que non foran instalados por Debian, usando tanto "apt" coma "apt-forktracer". Teña en conta que ningún dos dous é totalmente exacto (p. e. o exemplo que usa apt amosará os paquetes que Debian deixou de distribuír, como núcleos vellos). $ apt list '?narrow(?installed, ?not(?origin(Debian)))' $ apt-forktracer | sort 4.2.7. Eliminar ficheiros de configuración sobrantes ---------------------------------------------------- Unha actualización previa pode haber deixado duplicas dos ficheiros de configuración, versións anteriores dos ficheiros, versións engadidas polos mantedores dos paquetes, etc. Eliminar os ficheiros sobrantes desas actualizacións previas axuda a reducir as confusións. Atope tales ficheiros con: # find /etc -name '*.dpkg-*' -o -name '*.ucf-*' -o -name '*.merge-error' 4.2.8. Os compoñentes non-free e non-free-firmware -------------------------------------------------- If you have non-free firmware installed it is recommended to add "non- free-firmware" to your APT sources-list. 4.2.9. Sección de actualizacións propostas ------------------------------------------ Se tes unha sección de "proposed-updates" (actualizacións propostas) no seu ficheiro de fontes APT deberías eliminala antes de actualizar o sistema. Isto reduce a probabilidade de conflitos. 4.2.10. Fontes non oficiais --------------------------- Se ten algún paquete externo a Debian no sistema pode ser que sexa eliminado coa actualización por culpa de conflito de dependencias. Se estes paquetes foran instalados engadíndolle arquivos ao ficheiro de fontes de APT deberías comprobar se ese arquivo ten paquetes compilados para trixie e axustar a liña correspondente no ficheiro de fontes ao mesmo tempo que as do resto dos paquetes de Debian. Some users may have *unofficial* backported "newer" versions of packages that *are* in Debian installed on their bookworm system. Such packages are most likely to cause problems during an upgrade as they may result in file conflicts [4]. Possible issues during upgrade has some information on how to deal with file conflicts if they should occur. 4.2.11. Desactivar bloqueos no APT ---------------------------------- Se configurou APT para que instale algúns paquetes dende distribucións distintas á estable (p. e. dende a de probas), pode ser que teña que cambiar a súa configuración de bloqueo de paquetes (gardada en "/etc/apt/preferences" e "/etc/apt/preferences.d/") para permitir a actualización dos paquetes ás versións na nova versión estable. Para máis información sobre o bloqueo de paquetes consulte apt_preferences(5). 4.2.12. Asegúrese de que ten gpgv instalado ------------------------------------------- APT precisa de **gpgv** versión 2 ou posterior para verificar as chaves que usa para firmar as versións de trixie. Como **gpgv1** tamén cumpre esa dependencia, inda que só en circunstancias específicas, comprobe que instalou a versión axeitada con: # apt install gpgv 4.2.13. Comprobar o estado do paquete ------------------------------------- Sen importar o método que use para actualizar, recoméndase que se comprobe o estado de todos os paquetes primeiro, e que se comprobe que todos os paquetes se poden actualizar. As seguintes ordes amosarán calquera paquete que estea marcado como parcialmente instalado ("Half- Installed") ou que non se puido configurar ("Failed-Config"), xunto con aqueles que teñan calquera erro. $ dpkg --audit Tamén pode consultar o estado de todos os paquetes no seu sistema usando "aptitude", ou con ordes tales coma $ dpkg -l | pager ou # dpkg --get-selections '*' > ~/curr-pkgs.txt Tamén pode usar "apt". # apt list --installed > ~/curr-pkgs.txt Recoméndase eliminar calquera paquete en espera antes de actualizar. Se calquera paquete necesario para actualización está en espera a actualización fallará. $ apt-mark showhold Se quere cambiar e recompilar un paquete de forma local, e non lle cambiara o nome ou lle puxera unha data na versión , terá que mantelo en espera para que non se actualice. O estado "en espera" dos paquetes de "apt" pódese cambiar facendo: # apt-mark hold package_name Replace "hold" with "unhold" to unset the "hold" state. Se necesita arranxar calquera cousa asegurese de que o seu ficheiro de fontes de APT inda apunta a bookworm, tal coma se explica en Comproba os seus ficheiros de fontes APT. 4.3. Preparar os ficheiros de fontes de APT =========================================== Antes de preparar a actualización reconfigure o ficheiro das fontes de APT ("/etc/apt/sources.list" e os ficheiros en "/etc/apt/sources.list.d/") para engadirlle as fontes de "|RELEASENAME|" e elimine as referencias a "|OLDRELEASENAME|". APT collerá todos os paquetes que poida atopar en todos os arquivos configurados e instalará o paquete co número de versión máis alto, tendo prioridade a primeira entrada dos ficheiros. Iso é, se ten varios servidores espello, poña primeiro os discos duros locais, seguidos polos CD-ROMs, e por último os servidores remotos. Unha versión pode ser referida indistintamente polo seu alcume (p.e. "bookworm", "trixie") ou polo seu estado (p.e. "oldstable", "stable", "testing", "unstable"). Falar dunha versión polo seu alcume ten a vantaxe de que nunca aparecerá de súpeto unha nova versión, e é polo tanto o que imos facer aquí. Iso tamén significa que tes que buscar ti mesmo os avisos das versións. Porén, se usas o estado apareceranlle moreas de actualizacións para os paquetes tan pronto coma saia a actualización. Debian ten dúas listas de correo para avisos para axudarlle a manterse ao día da información importante sobre as versións: * Subscribíndose á lista de correo de alertas de Debian recibirá un aviso cada vez que Debian saque unha nova versión. Por exemplo cando trixie cambie de "testing" a "stable". * Subscribíndose á lista de correo de alertas de seguridade de Debian recibirá un aviso cando Debian publique unha alerta de seguridade. 4.3.1. Engadir fontes de Internet a APT --------------------------------------- Por defecto, nas instalacións novas, APT é configurado para que use o servizo de CDN de Debian, que debería asegurarlle que os paquetes descárganse automaticamente dun servidor preto súa na rede. Como isto é un servizo relativamente novo as instalacións máis vellas inda poden estar configuradas para apuntar a algún dos servidores de Internet de Debian principais ou espello. Se inda non o fixo, recoméndase que use o servizo de CDN no APT. Para usar o servizo de CDN engádalle á configuración das fontes de APT unha liña semellante a esta (asumindo que usa "main" e "contrib"): deb https://deb.debian.org/debian trixie main contrib Despois de engadir as novas fontes desactive as liñas ""deb"" anteriores engadíndolle unha grade ("#") diante. Porén, se se obteñen mellores resultados usando un servidor espello específico que lle queda máis preto na rede, isto inda é posíbel. Debian mirror addresses can be found at https://www.debian.org/mirror/list. Por exemplo, supoña que o servidor espello que lle queda máis preto é "http://mirrors.kernel.org". Se accede a ese servidor cun navegador decataríase de que os principais cartafoles están organizados da seguinte maneira: http://mirrors.kernel.org/debian/dists/trixie/main/... http://mirrors.kernel.org/debian/dists/trixie/contrib/... Para configurar APT para que use un servidor en concreto engádeselle unha liña tal coma (outra vez asumindo que usa "main" e "contrib"): deb http://mirrors.kernel.org/debian trixie main contrib Fíxese en que ""dists"" engádese de forma implícita, e os parámetros antes do nome da versión úsanse para expandir a ruta en varios cartafoles. Igual que antes, tras engadir as novas fontes desactive as fontes previas. 4.3.2. Engadir fontes APT dun servidor espello local ---------------------------------------------------- Pode ser que en lugar de usar servidores espello remotos queira modificar o ficheiro de fontes APT para usar un servidor espello nun disco local (probablemente montado usando NFS). Por exemplo, o seu servidor espello de paquetes pódese atopar en "/var/local/debian/", e ten os seguintes cartafoles: /var/local/debian/dists/trixie/main/... /var/local/debian/dists/trixie/contrib/... Para usar isto con **apt**, engada a seguinte liña ao seu ficheiro "sources.list": deb file:/var/local/debian trixie main contrib Fíxese en que ""dists"" engádese de forma implícita, e os parámetros antes do nome da versión úsanse para expandir a ruta en varios cartafoles. Despois de engadir a nova fonte desactive as fontes previas engadíndolle unha grade ("#") diante. 4.3.3. Engadir fontes APT dun medio óptico ------------------------------------------ Se quere usar *só* DVD (ou CD ou Discos Blu-ray) desactive o resto de entradas no ficheiro de fontes APT engadíndolles diante unha grade ("#"). Asegúrese de que hai unha liña en "/etc/fstab" que lle permite montar o seu disco CD-ROM en "/media/cdrom". Por exemplo, se o seu lector CD-ROM é "/dev/sr0", deberías ter o seguinte en "/etc/fstab": /dev/sr0 /media/cdrom auto noauto,ro 0 0 Fíxese en que *non poden haber espazos* entre as palabras do cuarto campo "noauto,ro". Para asegurarse de que funciona insira un CD e tente executar # mount /media/cdrom # this will mount the CD to the mount point # ls -alF /media/cdrom # this should show the CD's root directory # umount /media/cdrom # this will unmount the CD Despois execute: # apt-cdrom add para cada CD-ROM Binario de Debian que teña, para engadirlle a información sobre cada CD á base de datos de APT. 4.4. Actualizar paquetes ======================== A maneira recomendada de actualizar dende as versións de Debian anteriores é usar a ferramenta de xestión de paquetes "apt". Note: "apt" está preparada para uso interactivo, e non se debe usar en ficheiros de instrucións. Os programas interpretados deberían usar "apt-get", que ten unha saída que non varía entre versións e que é máis sinxela de interpretar. Non se esqueza de montar todas as particións que necesite (especialmente as particións raíz e "/usr") como lectura-escritura, cunha orde tal coma: # mount -o remount,rw /mountpoint Despois debería comprobar que as entradas no ficheiro de fontes de APT (en "/etc/apt/sources.list" e os ficheiros en "/etc/apt/sources.list.d/") apuntan a ""|RELEASENAME|"" ou a ""stable"". Non deberían haber entradas apuntando a bookworm. Note: As fontes dun CD-ROM pode ser que fagan referencia a ""unstable""; inda que poida ser confuso *non* as cambie. 4.4.1. Gravar a sesión ---------------------- Recomendámoslle que use "/usr/bin/script" para rexistrar a actualización. Desa forma se ocorre algún problema terá un rexistro do que ocorreu, e, se é necesario, pode enviar a información exacta nun informe de fallos. Para iniciar o rexistro escriba: # script -t 2>~/upgrade-trixie-step.time -a ~/upgrade-trixie-step.script ou semellante. Se ten que volver a executar o rexistro (p.e. se ten que reiniciar o sistema) use diferentes valores para o *step* para indicar que paso da actualización esta rexistrando. Non poña os rexistros nun cartafol temporal coma "/tmp" ou "/var/tmp", os ficheiros neses cartafoles pode que sexan borrados durante a actualización ou durante calquera reinicio. The typescript will also allow you to review information that has scrolled off-screen. If you are at the system's console, just switch to VT2 (using "Alt+F2") and, after logging in, use # less -R ~root/upgrade-trixie.script to view the file. Despois de completar a actualización pode parar "script" escribindo a orde "exit". "apt" tamén rexistra os cambios dos estados dos paquetes en "/var/log/apt/history.log" e a saída da terminal en "/var/log/apt/term.log". "dpkg" tamén fai iso e, ademais, rexistra os cambios de estado de todos os paquetes en "/var/log/dpkg.log". "aptitude" tamén rexistra os cambios de estado en "/var/log/aptitude". Se usa a opción *-t* en "script" pode usar "scriptreplay" para repetir a sesión enteira: # scriptreplay ~/upgrade-trixie-step.time ~/upgrade-trixie-step.script 4.4.2. Actualizar a lista de paquetes ------------------------------------- Primeiro hai que obter a lista dos paquetes dispoñibles na nova versión. Isto faise executando: # apt update Note: Os usuarios de apt-secure poden ter problemas ao usar "aptitude" ou "apt-get". Para apt-get pode usar "apt-get update --allow- releaseinfo-change". 4.4.3. Asegúrese de que ten espazo dabondo para actualizar ---------------------------------------------------------- You have to make sure before upgrading your system that you will have sufficient hard disk space when you start the full system upgrade described in Upgrading the system. First, any package needed for installation that is fetched from the network is stored in "/var/cache/apt/archives" (and the "partial/" subdirectory, during download), so you must make sure you have enough space on the file system partition that holds "/var/" to temporarily download the packages that will be installed in your system. After the download, you will probably need more space in other file system partitions in order to both install upgraded packages (which might contain bigger binaries or more data) and new packages that will be pulled in for the upgrade. If your system does not have sufficient space you might end up with an incomplete upgrade that is difficult to recover from. "apt" amosaralle información detallada sobre o espazo en disco necesario para a instalación. Antes de comezar a actualización pode ver unha estimación con: # apt -o APT::Get::Trivial-Only=true full-upgrade [ ... ] XXX upgraded, XXX newly installed, XXX to remove and XXX not upgraded. Need to get xx.xMB of archives. After this operation, AAAMB of additional disk space will be used. Note: Ao executar esta orde ao inicio da actualización pode que salte algún erro, por causas descritas nas seguinte seccións. Nese caso terá que esperar ata facer a actualización mínima descrita en Minimal system upgrade antes de executar este comando para estimar o espazo en disco. Se non ten suficiente espazo para a actualización "apt" avisaralle con mensaxes coma: E: You don't have enough free space in /var/cache/apt/archives/. Neste caso asegúrese de liberar espazo previamente. Pode: * Elimine os paquetes que foran descargados previamente para a instalación (en "/var/cache/apt/archives"). Borrar a caché ao executar "apt clean" eliminará todos os ficheiros dos paquetes previamente descargados. * Borre paquetes esquecidos. Se usou "aptitude" ou "apt" para instalar manualmente paquetes en bookworm os programas terán en conta eses paquetes que instalara manualmente, e poderán marcar coma redundantes aqueles paquetes que só foran incluídos por dependencias que xa non se necesitan por que o paquete fora eliminado. Non seleccionaran para que se borren os paquetes que instalara manualmente. Para eliminar os paquetes instalados automáticamente e que xa non se usen execute: # apt autoremove Tamén pode usar "deborphan", "debfoster", ou "cruft" para atopar paquetes redundantes. Non borre ás toas os paquetes que lle indiquen estas ferramentas, especialmente se está a usar opcións modificadas e agresivas que poden amosar falsos positivos. Recomendámoslle que revise de forma manual os paquetes que lle suxiran para borrar (p.e. os seus contidos, tamaño e descrición) antes de borralos. * Borre os paquetes que usen demasiado espazo e que non necesite (sempre os poderá reinstalar tras a actualización). Se instalou **popularity-contest** pode usar "popcon-largest-unused" para amosar os paquetes que non use e que máis espazo ocupan. Pode atopar os paquetes que máis espazo usan con "dpigs" (paquete **debian- goodies**) ou con "wajig" executando "wajig size"). Tamén pode buscalos con **aptitude**. Execute "aptitude" en modo pantalla completa, seleccione "Vistas > Nova lista plana de paquetes", prema "l" e introduza "~i", despois prema "S" e introduza "~installsize". Isto daralle unha cómoda lista coa que traballar. * Elimine traducións e localizacións do sistema se non os necesitas. Pode instalar o paquete **localepurge** e configuralo para quedar só coas localizacións que queira manter no sistema. Isto reducirá o espazo consumido por "/usr/share/locale". * Mova de forma temporal, ou elimine, os rexistros do sistema que existan en "/var/log/". * Use un "/var/cache/apt/archives" temporal: Pode usar un cartafol temporal doutro sistema de ficheiros coma caché (dispositivos de almacenamento USB, disco duro temporal, sistema de ficheiros xa usado, etc). Note: Non use NFS, posto que a conexión da rede pode interromperse durante a actualización. Por exemplo, se usa un dispositivo USB montado en "/media/usbkey": 1. eliminar os paquetes que foran previamente descargados para a instalación: # apt clean 2. copiar o cartafol "/var/cache/apt/archives" ao dispositivo USB: # cp -ax /var/cache/apt/archives /media/usbkey/ 3. montar o directorio de caché temporal no actual: # mount --bind /media/usbkey/archives /var/cache/apt/archives 4. despois da actualización, restaurar o cartafol "/var/cache/apt/archives" ao seu sitio orixinal: # umount /var/cache/apt/archives 5. eliminar os "/media/usbkey/archives" que queden. Pode crear o cartafol de caché temporal en calquera sistema de ficheiros que estea montado no seu sistema. * Do a minimal upgrade of the system (see Minimal system upgrade) or partial upgrades of the system followed by a full upgrade. This will make it possible to upgrade the system partially, and allow you to clean the package cache before the full upgrade. Para poder borrar os paquetes sen problemas recomendámoslle que apuntes as fontes de APT cara bookworm de novo, facendo coma pon en Comproba os seus ficheiros de fontes APT. 4.4.4. Parar de supervisar sistemas ----------------------------------- Recomendamos que, como é probable que "apt" precise parar temporalmente algúns dos servizos en execución no ordenador, que se desactiven durante a actualización todos aqueles servizos que se encarguen de reiniciar outros servizos cando estes rematen. Un exemplo en Debian sería o servizo **monit**. 4.4.5. Actualización mínima do sistema -------------------------------------- In some cases, doing the full upgrade (as described below) directly might remove large numbers of packages that you will want to keep. We therefore recommend a two-part upgrade process: first a minimal upgrade to overcome these conflicts, then a full upgrade as described in Upgrading the system. Para facer isto primeiro faga: # apt upgrade --without-new-pkgs Isto actualiza os paquetes que se poden actualizar sen eliminar ou instalar outros paquetes. Unha actualización mínima tamén pode axudar cando o sistema teña pouco espazo libre e unha actualización completa non se pode executar por culpa da falta de espazo. Se o paquete **apt-listchanges** está instalado coa configuración de fábrica amosará información importante sobre os paquetes actualizados nun paxinador despois de descargar os paquetes. Prema "q" despois de ler para saír do paxinador e continuar a actualización. 4.4.6. Actualizar o sistema --------------------------- Unha vez que rematou os pasos anteriores, xa está liso para continuar co principal da actualización. Execute: # apt full-upgrade Isto fará unha actualización completa do sistema, instalando as versións dos paquetes máis modernas dispoñibles, e resolvendo todos os posibles cambios nas dependencias entre versións. Se é necesario instalará novos paquetes (normalmente novas versións das bibliotecas, ou paquetes que cambiaron de nome), e eliminar calquera conflito entre paquetes obsoletos. Cando actualice dun conxunto de CD/DVD/BD é probable que se lle pida que introduza un disco en concreto en diferentes momentos da instalación. Tamén pode ser que teña que introducir o mesmo disco varias veces; isto é por culpa de paquetes relacionados que se atopan en diferentes discos. Os paquetes cuxas versións máis modernas non se poden instalar sen cambiar o estado doutro paquete deixaranse na versión actual (amosaranse coma "retidos/hold back"). Isto pode arranxarse usando "aptitude" para elixir os paquetes a instalar, ou tamén se pode intentar facendo "apt install paquete". 4.5. Problemas que poden ocorrer durante a actualización ======================================================== As seguintes seccións describen os problemas que se sabe que poden aparecer durante a actualización a trixie. 4.5.1. Full-upgrade falla e salta con "Could not perform immediate configuration", ou con "Non foi posíbel facer a configuración inmediata" ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- Nalgúns casos "apt full-upgrade" pode fallar tras descargar os paquetes con: E: Could not perform immediate configuration on 'package'. Please see man 5 apt.conf under APT::Immediate-Configure for details. Se iso ocorre, pódelle permitir continuar á actualización con "apt full-upgrade -o APT::Immediate-Configure=0". Outra posible solución é engadir temporalmente bookworm e trixie nas fontes de APT e executar "apt update". 4.5.2. Eliminacións esperadas ----------------------------- The upgrade process to trixie might ask for the removal of packages on the system. The precise list of packages will vary depending on the set of packages that you have installed. These release notes give general advice on these removals, but if in doubt, it is recommended that you examine the package removals proposed by each method before proceeding. For more information about packages obsoleted in trixie, see Obsolete packages. 4.5.3. Conflitos ou bucles de dependencias ------------------------------------------ Ás veces é necesario activar a opción "APT::Force-LoopBreak" en APT para poder eliminar temporalmente un paquete esencial por culpa dun bucle de Conflitos/Predependencias, "apt" alertaralle disto e cancelará á actualización. Podes evitar isto especificando a opción "-o APT::Force-LoopBreak=1" na liña de ordes de "apt". É posible que a estrutura das dependencias dun sistema estea tan corrupto que requira intervención manual. Normalmente isto significa usar "apt" ou # dpkg --remove package_name para eliminar os paquetes culpables, ou # apt -f install # dpkg --configure --pending En casos extremos pode que teña que forzar a reinstalación cunha orde tal coma # dpkg --install /path/to/package_name.deb 4.5.4. Conflitos de ficheiros ----------------------------- Os conflitos entre ficheiros non deberían ocorrer se actualiza dende un sistema bookworm"puro", pero poden ocorrer se instalou parches de mantemento non oficiais. Os conflitos entre ficheiros causan mensaxes de erro coma: Unpacking (from ) ... dpkg: error processing (--install): trying to overwrite `', which is also in package dpkg-deb: subprocess paste killed by signal (Broken pipe) Errors were encountered while processing: Podes intentar resolver un conflito entre ficheiros forzando a eliminación do paquete que aparece na *última* liña da mensaxe de erro: # dpkg -r --force-depends package_name Despois de arranxar esas cousas debería poder continuar a actualización coas ordes de "apt" antes descritas. 4.5.5. Cambios na configuración ------------------------------- During the upgrade, you will be asked questions regarding the configuration or re-configuration of several packages. When you are asked if any file in the "/etc/init.d" directory, or the "/etc/manpath.config" file should be replaced by the package maintainer's version, it's usually necessary to answer "yes" to ensure system consistency. You can always revert to the old versions, since they will be saved with a ".dpkg-old" extension. Se non se aclarara, escriba o nome do paquete ou ficheiro e resólvao noutro momento. Podes revisar o rexistro de ordes para consultar a información que estaba na pantalla durante a actualización. 4.5.6. Cambiar a sesión á consola --------------------------------- Se está executando a actualización usando a consola local do sistema pode ser que nalgún momento da actualización a consola se mova a unha pantalla diferente e perdas de vista o proceso de actualización. Por exemplo, isto pode ocorrer nos sistemas cunha interface gráfica cando se reinicia o xestor da pantalla. Para volver á consola onde estaba a facer a actualización use "Ctrl+Alt+F1" (na pantalla gráfica de inicio) ou "Alt+F1" (nunha consola local de texto) para volver á terminal virtual 1. Substitúa "F1" coa tecla función do mesmo número ca o da terminal virtual no que estaba a executarse a actualización. Tamén pode usar "Alt+Frecha- Esquerda" ou "Alt+Frecha-Dereita" para moverse entre as diferentes terminais de texto. 4.6. Actualizar o núcleo e paquetes relacionados ================================================ Esta sección explica como pode actualizar o núcleo e identificar posibles problemas relacionados coa actualización. Pode instalar un dos paquetes **linux-image-*** que Debian distribúe, ou compilar un núcleo personalizado. Teña en mente que moita da información nesta sección asume que usará un dos núcleos modulares de Debian, xunto con **initramfs-tools** e **udev**. Se escolle usar un núcleo personalizado que non requira un initrd ou se usa un xerador do initrd diferente algunhas partes non se lle aplicarán. 4.6.1. Instalar un núcleo coma metapaquete ------------------------------------------ Cando actualice de bookworm a trixie recomendamos que instale un metapaquete linux-image-*, se xa non o tiña feito. Estes metapaquetes collerán automáticamente a última versión do núcleo durante as actualizacións. Pode comprobar se ten algún instalado executando: $ dpkg -l 'linux-image*' | grep ^ii | grep -i meta Se non hai saída entón necesita instalar, ben un novo paquete linux- image, ou ben un metapaquete linux-image. Para ver unha lista dos metapaquetes linux-image execute: $ apt-cache search linux-image- | grep -i meta | grep -v transition Se non sabe que paquete escoller faga "uname -r" e busque un paquete cun nome semellante. Por exemplo, se ten ""4.9.0-8-amd64"", escolla **linux-image-amd64**. Tamén pode usar "apt" para ver unha descrición longa de cada paquete para axudarlle a escoller o paquete axeitado. Por exemplo: $ apt show linux-image-amd64 Entón deberá usar "apt install" para instalalo. Cando estea instalado o novo núcleo vostede deberá reiniciar cando antes poida, para aproveitar os beneficios da nova versión. Porén, bótelle unha ollada a Cousas que facer despois da actualización antes de reiniciar antes de facer o primeiro reinicio despois da actualización. Para os máis aventureiros hai unha maneira sinxela de compilar un núcleo personalizado en Debian. Instale o código fonte do núcleo, do paquete **linux-source**. Pode usar o obxectivo "deb-pkg" do ficheiro Makefile da fonte para compilar un paquete binario. Máis información no Manual Debian do Núcleo Linux, que tamén se pode atopar no paquete **debian-kernel-handbook**. If possible, it is to your advantage to upgrade the kernel package separately from the main "full-upgrade" to reduce the chances of a temporarily non-bootable system. Note that this should only be done after the minimal upgrade process described in Minimal system upgrade. 4.7. Prepararse para a seguinte versión ======================================= Despois da actualización hai varias cousas que pode facer para prepararse para a seguinte versión. * Remove newly redundant or obsolete packages as described in Make sure you have sufficient space for the upgrade and Obsolete packages. You should review which configuration files they use and consider purging the packages to remove their configuration files. See also Purging removed packages. 4.7.1. Purgar paquetes eliminados --------------------------------- Recoméndase que purgue os paquetes eliminados. Isto é especialmente importante se os paquetes foran eliminados nunha actualización previa (p.e. ao actualizar a bookworm) ou proviñan de terceiros. En particular, os vellos ficheiros init.d poden dan problemas. Caution: Purgar un paquete soe tamén purgar os seus rexistros, polo que debería pensar en facerlles unha copia de seguridade antes. A seguinte orde amosa unha lista de todos os paquetes eliminados que pode que deixaran ficheiros de configuración no sistema: $ apt list '~c' Os paquetes poden ser eliminados con "apt purge". Se quere purgar todos os paquetes do tirón podes usar a seguinte orde: # apt purge '~c' 4.8. Paquetes obsoletos ======================= Inda que introduce moitos paquetes novos, trixie tamén elimina e omite varios paquetes vellos que estaban en bookworm. Non hai maneira de actualizar estes paquetes obsoletos. Inda que nada lle impide continuar usando un paquete obsoleto cando queira, o proxecto Debian soe deixar de darlles asistencia de seguridade tras un ano tras a publicación de trixie [5], e non dará outras formas de asistencia técnica entrementres. Recoméndase que se substitúan por alternativas, se existen. Hai moitas razóns polas que os paquetes poden ser eliminados da distribución: por que a fonte orixinal xa non se encarga deles, por que xa non hai Desenvolvedores de Debian interesados en manter os paquetes, por que a función que realizan foi substituída por programas diferentes ou unha versión nova, ou por que xa non se consideran axeitados para trixie pola cantidade de fallos que teñen. Neste último caso pode que os paquetes inda se atopen na distribución "unstable". Os "Paquetes Obsoletos e Creados en Local" pódense amosar e eliminar usando as ordes: $ apt list '~o' # apt purge '~o' O Sistema de Seguimento de Fallos de Debian pode dar máis información sobre por que se eliminou un paquete. Deberías revisar, tanto os informes de fallo arquivados do paquete en si, coma os informes de erro arquivados do pseudo paquete ftp.debian.org. Para unha lista dos paquetes obsoletos en trixie, consulte Paquetes obsoletos importantes. 4.8.1. Paquetes temporais alfaremes ----------------------------------- Algúns paquetes de bookworm pode que foran substituídos en trixie por paquetes temporais alfaremes, que son quenta asentos baleiros pensados para simplificar a actualización. Se, por exemplo, unha aplicación que antes estaba nun paquete dividiuse entre varios, pódese crear un paquete alfareme co mesmo nome que o paquete vello e coas dependencias axeitadas para que se instalen os paquetes novos. Despois disto pódese eliminar o paquete alfareme. As descricións dos paquetes alfaremes soen indicar o seu obxectivo. Porén, non son uniformes; por exemplo, algúns paquetes "alfaremes" están pensados para manterse instalados e instalar a suite de programas completa, ou para apuntar á última versión dalgún programa. Pode usar "deborphan" coas opcións "--guess-*" (p.e. "--guess-dummy") para detectar os paquetes alfaremes no sistema. [1] Se a prioridade de debconf está moi alta pode que non aparezan as preguntas de configuración, pero os servizos que usen respostas por omisión que non son aplicables ao seu sistema non funcionarán. [2] Por exemplo: os servizos DNS ou DHCP, especialmente cando non haxa outros sistemas redundantes que sigan a funcionar entrementres. No caso do DHCP os usuarios pode que queden desconectados da rede se o tempo de caducidade do préstamo é menor que o tempo que tarde en actualizarse. [3] Esta posibilidade pódese desactivar engadindo o parámetro de arranque "panic=0". [4] En circunstancias normais o sistema de xestión de paquetes de Debian non lle permite a un paquete eliminar ou substituír un ficheiro doutro paquete excepto se é o substituto dese paquete. [5] Ou mentres non haxa outra versión entrementres. Normalmente só se lle da soporte técnico a dúas versións estables á vez. 5. Problemas a ter en conta con trixie ************************************** As veces os cambios introducidos nunha nova versión teñen efectos secundarios imposibles de prever ou amosan fallos en algures. Esta sección documenta os problemas que coñecemos. Consulte tamén a lista de erratas, a documentación do paquete axeitada, informes de fallo e outra información mencionada en Lecturas recomendadas. 5.1. Actualizar elementos específicos para trixie ================================================= Esta sección trata da actualización de bookworm a trixie. 5.1.1. openssh-server no longer reads ~/.pam_environment -------------------------------------------------------- The Secure Shell (SSH) daemon provided in the **openssh-server** package, which allows logins from remote systems, no longer reads the user's "~/.pam_environment" file by default; this feature has a history of security problems and has been deprecated in current versions of the Pluggable Authentication Modules (PAM) library. If you used this feature, you should switch from setting variables in "~/.pam_environment" to setting them in your shell initialization files (e.g. "~/.bash_profile" or "~/.bashrc") or some other similar mechanism instead. Existing SSH connections will not be affected, but new connections may behave differently after the upgrade. If you are upgrading remotely, it is normally a good idea to ensure that you have some other way to log into the system before starting the upgrade; see Preparase para a recuperación. 5.1.2. OpenSSH no longer supports DSA keys ------------------------------------------ Digital Signature Algorithm (DSA) keys, as specified in the Secure Shell (SSH) protocol, are inherently weak: they are limited to 160-bit private keys and the SHA-1 digest. The SSH implementation provided by the **openssh-client** and **openssh-server** packages has disabled support for DSA keys by default since OpenSSH 7.0p1 in 2015, released with Debian 9 ("stretch"), although it could still be enabled using the "HostKeyAlgorithms" and "PubkeyAcceptedAlgorithms" configuration options for host and user keys respectively. The only remaining uses of DSA at this point should be connecting to some very old devices. For all other purposes, the other key types supported by OpenSSH (RSA, ECDSA, and Ed25519) are superior. As of OpenSSH 9.8p1 in trixie, DSA keys are no longer supported even with the above configuration options. If you have a device that you can only connect to using DSA, then you can use the "ssh1" command provided by the **openssh-client-ssh1** package to do so. In the unlikely event that you are still using DSA keys to connect to a Debian server (if you are unsure, you can check by adding the "-v" option to the "ssh" command line you use to connect to that server and looking for the "Server accepts key:" line), then you must generate replacement keys before upgrading. For example, to generate a new Ed25519 key and enable logins to a server using it, run this on the client, replacing "username@server" with the appropriate user and host names: $ ssh-keygen -t ed25519 $ ssh-copy-id username@server 5.2. Cousas que facer despois da actualización antes de reiniciar ================================================================= Cando remate "apt full-upgrade", a actualización "en sí" rematou. Para actualizar a trixie non é necesario facer máis cousas antes de reiniciar. 5.2.1. Cousas non exclusivas do proceso de actualización -------------------------------------------------------- 5.2.2. Limitacións na asistencia técnica sobre seguridade --------------------------------------------------------- Hai algúns paquetes onde Debian non pode prometer manter unha modernización mínima por razóns de seguridade. Estes paquetes trátanse nas seguintes subseccións. Note: O paquete **debian-security-support** axuda a manterse ao día sobre a asistencia técnica de seguridade dos paquetes. 5.2.2.1. O estado da seguridade dos navegadores de internet e os seus motores de renderizado ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ Debian 13 inclúe varios motores de navegador da rede que están afectados polo fluxo constante de vulnerabilidades de seguridade. A gran cantidade de vulnerabilidades, e a falta parcial de soporte técnico da fonte orixinal na forma de pólas de desenvolvemento a longo prazo, fan moi difícil manter a compatibilidade con estes navegadores e motores con arranxos de mantemento de seguridade. Ademais, as dependencias entre bibliotecas fan moi difícil actualizar a versións máis novas da fonte orixinal. As aplicacións que usen o paquete fonte **webkit2gtk** (como pode ser **epiphany**) teñen cobertura de seguridade, pero as aplicacións que usen qtwebkit (paquete fonte **qtwebkit-opensource-src**) non teñen. Como navegador de uso diario recomendamos Firefox ou Chromium. Estes navegadores mantéñense ao día recompilando as versións ESR actuais para Debian estable. A mesma estratexia usarase para Thunderbird. Despois de que unha versión pase a "oldstable" os navegadores con actualizacións oficiais non as recibirán fora do período de cobertura normal. Por exemplo, Chromium só recibirá 6 meses de actualizacións de seguridade en "oldstable", en comparación cos 12 meses normais. 5.2.2.2. Paquetes baseados en Go e Rust ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~ A infraestrutura de Debian inda ten problemas ao recompilar os tipos de paquetes que abusan do ligado estático. O crecemento do ecosistema de Go e Rust fai que os paquetes baseados neses ecosistemas terán unha asistencia técnica de seguridade limitada ata que a infraestrutura mellore o suficiente como para xestionalos sen problemas. As actualizacións das bibliotecas de desenvolvemento de Go, se se precisaren, só poderían vir nas versións regulares principais. 5.3. Obsolescencia e deprecación ================================ 5.3.1. Paquetes obsoletos importantes ------------------------------------- Esta é unha lista dos paquetes obsoletos que se consideran importantes (véxase Paquetes obsoletos para a definición). A lista de paquetes obsoletos inclúe: * To be added, as below: * O paquete **libnss-ldap** foi eliminado de trixie. As súas funcionalidades atoparanse nos paquetes **libnss-ldapd** e **libnss- sss**. 5.3.2. Compoñentes deprecados para trixie ----------------------------------------- Na seguinte versión de Debian 14 (alcumada forky) quitáronse algunhas características. Os usuarios terán que migrar a outras alternativas para evitar problemas ao actualizaren a Debian 14. Isto inclúe as seguintes características: * To be added, as below: * O desenvolvemento do servizo NSS "gw_name" rematou en 2015. Por mor diso pode que o paquete asociado, **libnss-gw-name**, sexa eliminado nunha versión de Debian futura. Os desenvolvedores orixinais suxiren como alternativa **libnss-myhostname**. * The **openssh-client** and **openssh-server** packages currently support GSS-API authentication and key exchange, which is usually used to authenticate to Kerberos services. This has caused some problems, especially on the server side where it adds new pre- authentication attack surface, and Debian's main OpenSSH packages will therefore stop supporting it starting with forky. If you are using GSS-API authentication or key exchange (look for options starting with "GSSAPI" in your OpenSSH configuration files) then you should install the **openssh-client-gssapi** (on clients) or **openssh-server-gssapi** (on servers) package now. On trixie, these are empty packages depending on **openssh-client** and **openssh-server** respectively; on forky, they will be built separately. 5.4. Fallos graves coñecidos ============================ Que Debian saque as novas versións cando estean listas non significa que non teña fallos coñecidos. Parte do proceso de edición consiste en que o Equipo de Edición (ou equipo «Release») seguir os fallos de gravidade seria («serious») ou superior. Pódese atopar no Sistema de Seguimento de Fallos de Debian un resumo dos fallos que foran clasificados para ser ignorados no remate do lanzamento de trixie. Os seguintes fallos suficientemente notables afectaban a trixie no momento de sacar esa versión: +------------------------+-----------------------------+--------------------------------+ | Nº do fallo | Paquete (fonte ou binario) | Descrición | |========================|=============================|================================| | 1032240 | **akonadi-backend-mysql** | o servidor akonadi non se | | | | inicia por que non se pode | | | | conectar á base de datos mysql | +------------------------+-----------------------------+--------------------------------+ | 1032177 | **faketime** | faketime non falsifica a data | | | | (en i386) | +------------------------+-----------------------------+--------------------------------+ | 918984 | **src:fuse3** | provide upgrade path fuse -> | | | | fuse3 for bookworm | +------------------------+-----------------------------+--------------------------------+ | 1016903 | **g++-12** | tree-vectorize: Código | | | | incorrecto no nivel O2 (-fno- | | | | tree-vectorize funciona) | +------------------------+-----------------------------+--------------------------------+ | 1020284 | **git-daemon-run** | non se puido purgar: deluser | | | | -f: Opción descoñecida: f | +------------------------+-----------------------------+--------------------------------+ | 919296 | **git-daemon-run** | falla con "alerta: git-daemon: | | | | non se puido abrir | | | | "supervise/ok": o ficheiro non | | | | existe" | +------------------------+-----------------------------+--------------------------------+ | 1034752 | **src:gluegen2** | inclúe as cabeceiras non | | | | libres | +------------------------+-----------------------------+--------------------------------+ 6. Máis información en Debian ***************************** 6.1. Lecturas recomendadas ========================== Beyond these release notes and the installation guide (at https://www.debian.org/releases/trixie/installmanual) further documentation on Debian is available from the Debian Documentation Project (DDP), whose goal is to create high-quality documentation for Debian users and developers, such as the Debian Reference, Debian New Maintainers Guide, the Debian FAQ, and many more. For full details of the existing resources see the Debian Documentation website and the Debian Wiki. A documentación para os paquetes individuais instálase en "/usr/share/doc/nome-paquete". Esto pode incluír información de dereitos de autor, detalles específicos de Debian, e calquera documentación orixinal. 6.2. Obter axuda ================ Hai moitas fontes de axuda, consellos e asistencia técnica para os usuarios de Debian, inda que estas só se deberían consultar despois de investigar o problema na documentación dispoñible. Esta sección contén unha corta introdución a estas fontes que poden ser de axuda para os novos usuarios de Debian. 6.2.1. Listas de correo ----------------------- As listas de correo máis importantes para os usuarios de Debian son as listas debian-user (en inglés) e as outras debian-user-idioma (para os outros idiomas). Para máis información sobre estas listas e detalles de como subscribirse consulte https://lists.debian.org/. Por favor rebusca nos arquivos para ver se xa existen respostas á túa pregunta e segue as normas de conduta da lista. 6.2.2. Internet Relay Chat (IRC) -------------------------------- Debian ten unha canle IRC dedicada a dar soporte técnico e axudar aos usuarios de Debian, situada na rede IRC OFTC. Para acceder a esa canle conéctese co seu cliente IRC a irc.debian.org e únase a "#debian". Por favor siga as normas da canle, e respecte aos outros usuarios. Pode consultar as normas na Wiki Debian. Para máis información sobre OFTC visite a súa páxina. 6.3. Informar de erros ====================== Intentamos facer de Debian un sistema operativo de boa calidade; pero iso non significa que todos os paquetes que distribuímos están totalmente libres de fallos. En conxunción coa filosofía de "desenvolvemento aberto" de Debian, e coma un servizo para os nosos usuarios, compartimos toda a información sobre os fallos atopados no Sistema de Seguimento de Fallos (BTS en inglés). O SSF pódese consultar en https://bugs.debian.org/. Se vostede atopa un fallo na distribución, ou nos programas que a forman, informe sobre el para que poida ser arranxado en futuras versións. Informar de fallos require unha dirección de correo-e válida. Pedímosllo para que poidamos seguir os fallos e os desenvolvedores se poidan poñer en contacto cos autores do informe para lles requirir información adicional. Vostede pode informar dun fallo usando o programa "reportbug" ou manualmente dende o correo-e. Pódese atopar máis información sobre o Sistema de Seguimento de Fallos e sobre como usalo lendo a documentación de referencia (dispoñible en "/usr/share/doc/debian" se tes instalado paquete **doc-debian**) ou na rede no Sistema de Seguimento de Fallos. 6.4. Colaborar con Debian ========================= Non necesitas ser un experto para colaborar con Debian. Mesmo axudando aos usuarios cos seus problemas nas diferentes listas vostede está contribuíndo á comunidade. Tamén axuda moito identificar (e resolver) problemas relacionados co desenvolvemento da distribución participando na listas de desenvolvemento. Para manter a calidade da distribución Debian, informe dos fallos e axude aos desenvolvedores a arranxalos. A ferramenta "how-can-i-help" axudarallee a atopar informes de fallos adecuados nos que traballar. Se se llee da ben escribir podes contribuír de forma máis activa axudando a escribir documentación ou traducindo documentos existentes á súa lingua. Se lle chega o tempo poderías xestionar un anaco da colección de Programas Libres dentro de Debian. Axudaríanos moito se a xente adopta ou mantén elementos que a xente quere que se inclúan con Debian. A base de datos Fáltanlles Traballo e a base de datos Paquetes Prospectivos conteñen esta información. Se lle interesan grupos específicos entón pode que lle guste contribuír a algún dos subproxectos de Debian, que inclúen implementacións a outras arquitecturas e Mesturas Debian Puras para grupos de usuarios específicos, entre outros. Sexa como for, se vostede está traballando na comunidade do software libre de calquera forma, xa for coma usuario, programador, escritor ou tradutor; xa estas axudando a espallar o software libre. Colaborar é divertido e ten beneficios: ademais de axudarlle a coñecer xente nova poralle bolboretas no bandullo. 7. Xestionar o seu sistema bookworm antes de actualizar ******************************************************* Este apéndice contén información sobre como asegurarse de que se poden instalar ou actualizar paquetes bookworm antes de actualizar a trixie. 7.1. Actualizando o seu sistema bookworm ======================================== Isto non é distinto de calquera outra actualización de bookworm que xa fixera. A única diferenza é que primeiro precisa asegurarse de que a súa lista de paquetes inda contén referencias a bookworm, tal coma se explica en Checking your APT source-list files. Se actualiza o seu sistema usando un servidor espello, el mesmo xa se actualizará automaticamente á última versión maior bookworm. 7.2. Comproba os seus ficheiros de fontes APT ============================================= Se calquera das liñas nos seus ficheiros de fontes APT (véxase sources.list(5)) contén referencias a "stable", é que xa apunta a trixie. Isto pode non ser o que vostede quere, se non estás listo para a actualización. Se xa executou "apt update" inda pode volver sen problemas seguindo os pasos seguintes. Se tamén instalou paquetes dende trixie xa non ten sentido que instale paquetes dende bookworm. Nese caso ten que decidir vostede se queres continuar ou non. É posible volver a unha versión anterior dos paquetes, pero iso non se trata neste documento. As root, open the relevant APT source-list file (such as "/etc/apt/sources.list") with your favorite editor, and check all lines beginning with * "deb http:" * "deb https:" * "deb tor+http:" * "deb tor+https:" * "URIs: http:" * "URIs: https:" * "URIs: tor+http:" * "URIs: tor+https:" for a reference to "stable". If you find any, change "stable" to "bookworm". Se ten algunha liña que comece por "deb file:" ou "URIs: file:" deberá comprobar vostede se a localización á que se refiren contén un arquivo bookworm ou trixie. Important: Non cambie ningunha liña que comece por "deb cdrom:" ou "URIs: cdrom:". Facer iso invalidaría a liña e tería que executar de novo "apt-cdrom". Non se asuste se unha liña "cdrom:" fai referencia a "unstable". Inda que pode parecerlle estraño, isto é normal. Se fixo algún cambio, garde o ficheiro e execute # apt update para actualizar a lista de paquetes. 7.3. Performing the upgrade to latest bookworm release ====================================================== To upgrade all packages to the state of the latest point release for bookworm, do # apt full-upgrade 7.4. Eliminar ficheiros de configuración obsoletos ================================================== Antes de actualizar o seu sistema a trixie, recomendamoslle borrar os ficheiros de configuración vellos (por exemplo os ficheiros "*.dpkg-{new,old}" en "/etc") do sistema. 8. Contribuíntes das Notas da Versión ************************************* Moita xente axudou coas notas da versión, incluíndo entre eles * Adam D. Barrat (arranxos varios en 2013), * Adam Di Carlo (versións previas), * Andreas Barth aba (versións previas: 2005 - 2007), * Andrei Popescu (contribucións varias), * Anne Bezemer (versión previa), * Bob Hilliard (versión previa), * Charles Plessy (descrición do problema GM965), * Christian Perrier bubulle (instalación do Lenny), * Christoph Berg (problemas propios do PostgreSQL), * Daniel Baumann (Debian Live), * David Prévot taffit (versión Wheezy), * Eddy Petrișor (contribucións varias), * Emmanuel Kasper (parches de mantemento), * Esko Arajärvi (refixo a actualización de X11), * Frans Pop fjp (versión previa Etch), * Giovanni Rapagnani (incontables contribucións), * Gordon Farquharson (problemas coa adaptación a ARM), * Hideki Yamane henrich (contribuía e contribúe dende 2006), * Holger Wansing holgerw (contribuía e contribúe dende 2009), * Javier Fernández-Sanguino Peña jfs (versión Etch, versión Squeeze), * Jens Seidel (Tradución ao alemán, innumerables contribucións), * Jonas Meurer (problemas co rexistro do sistema (syslog), * Jonathan Nieder (versión Squeeze, versión Wheezy), * Joost van Baal-Ilić joostvb (versión Wheezy, versión Jessie), * Josip Rodin (versións previas), * Julien Cristau jcristau (versión Squeeze, versión Wheezy), * Justin B Rye (Arranxos no texto en inglés), * LaMont Jones (descrición dos problemas de NFS), * Luk Claes (encargado da motivación dos editores), * Martin Michlmayr (problemas coa adaptación a ARM), * Michael Biebl (problemas co rexistro do sistema (syslog), * Moritz Mühlenhoff (contribucións varias), * Niels Thykier nthykier (versión Jessie), * Noah Meyerhans (incontables contribucións), * Noritada Kobayashi (Tradución ao xaponés (coordinación), incontables contribucións), * Osamu Aoki (contribucións varias), * Paul Gevers elbrus (versión Buster), * Peter Green (notas da versión do núcleo), * Rob Bradford (versión Etch), * Samuel Thibault (descrición da compatibilidade do Braille no d-i), * Simon Bienlein (descrición da compatibilidade do Braille no d-i), * Simon Paillard spaillar-guest (incontables contribucións), * Stefan Fritsch (descrición dos problemas de Apache), * Steve Langasek (versión Etch), * Steve McIntyre (Discos de Debian), * Tobias Scherer (descrición de "proposed-update"), * victory victory-guest (arranxos no estilo, contribuía e contribúe dende 2006), * Vincent McIntyre (descrición de "proposed-update"), * W. Martin Borgert (editing Lenny release, switch to DocBook XML). Este documento foi traducido a moitos idiomas. Estámoslle moi agradecidos aos tradutores! Traducido ao galego por: Pablo "parodper" (Tradución inicial)